miércoles, 28 de junio de 2017

Valores éticos

+ RESPECTO . QUÉROTE+

A materia de Valores Éticos de 3º de ESO ten unha carga horaria dunha hora semanal  e foi cursada por un total de 16 alumnas/os provintes de 3º PMAR(6) 3º ESO A(2) e 3º ESO B (8).
Era un grupo heteroxéneo, con intereses diferentes e que non se coñecían moito entre eles,polo que decidín tratar o tema do Amor os 2 últimos meses de curso.  Previamente fixemos visionado de documentais e películas que de alguna maneira tocaban o tema dos dereitos das mulleres,como por exemplo  “Sufraxistas”.
Os dous últimos meses estivemos falando do amor, facendo actividades diferentes de lectura de textos e nos centramos fundamentalmente na análise das cancións cun altísimo contido machista que acotío escoitan nas redes sociais, nas radios e nos lugares de ocio.

Despois coas nosas reflexións, decidimos facer un vídeo onde lle contábamos a unha nena pequena o que nós pensábamos que é o Amor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario