miércoles, 28 de junio de 2017

Querote+ en Lingua Portuguesa!

PROXECTA QUÉROTE +
DOCENTE: LIDIA FERNÁNDEZ PASTORIZA
MATERIA: LINGUA PORTUGUESA – 19 alumn@s
A participación no Proxecta Quérote + desde a materia de Lingua Portuguesa co grupo de 3º ESO foi a seguinte:

  • Nunha primeira sesión volvemos visualizar o vídeo “Esqueletos pola igualdade” https://www.youtube.com/watch?v=sz2Qt6SgrjA, que parte do alumnado xa coñecía dunha sesión coa profesora coordinadora pero outros non. Nesta primeira sesión aproveitamos o que xa tiñan comentado coa outra profesora para traballar en portugués os temas de igualdade desde as diferentes perspectivas propostas no vídeo, ao tempo que practicabamos a oralidade da lingua.
  • Nunha sesión posterior propuxémonos facer a tradución ao portugués das diferentes mensaxes que figuran no vídeo para despois facer uns carteis en cartolina.
  • Na seguinte sesión saímos coas nosas mensaxes a un entorno exterior e fixemos unha gravación coas mensaxes e o material elaborado. Finalmente deixámolas nun lugar de paso do noso IES para compartir o traballo e chamar a atención de toda a comunidade educativa.

Aqui podes ver as imaxes e un vídeo que fixemos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario