jueves, 29 de junio de 2017

Dúbidas en Querote+!


       Co alumnado de 3º ESO accedeuse á web Quérote para dala a coñecer e realizar unha proba preguntando dúbidas, para que coñeceran o sistema, recibiran o código e puidesen consultar a resposta. Co alumndao de PMAR de 3º ESO realizouse o vídeo SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES para sensibilizar contra a indiferenza en casos de acoso.

miércoles, 28 de junio de 2017

Charla dos de 3º aos de 2º

O alumnos e alumnas de 3º deronlle unha charla aos de 2º! +Respeto, quérote+. Podes ver as imaxes e mailo vídeo.








Obradoiro "Sen prexuizos"

Fixemos un Obradoiro "Sen prexuizos" no que grabamos diferentes vídeos de como se desarrollou a actividade.

Para ver estes vídeos preme en cada miniatura da imaxe. Video 1 Vídeo 2 Vídeo 3 Vídeo 4 vídeo 5 vídeo 6 vídeo 7 Vídeo 8 vídeo 9 Vídeo 10 Vídeo 11 vídeo 12 Vídeo 13 Vídeo 14 vídeo 15 Vídeo 16 Vídeo 17 vídeo 18 Vídeo 19 vídeo 20 vídeo 21 vídeo 22 vídeo obradoiro Image Map

Posibles actividades en Querote+

Se fas click na seguinte imaxe verás as posibles actividades a desarrollar no proxecto Querote+.

 Posibles actividades

Querote+ en Lingua Portuguesa!

PROXECTA QUÉROTE +
DOCENTE: LIDIA FERNÁNDEZ PASTORIZA
MATERIA: LINGUA PORTUGUESA – 19 alumn@s
A participación no Proxecta Quérote + desde a materia de Lingua Portuguesa co grupo de 3º ESO foi a seguinte:

  • Nunha primeira sesión volvemos visualizar o vídeo “Esqueletos pola igualdade” https://www.youtube.com/watch?v=sz2Qt6SgrjA, que parte do alumnado xa coñecía dunha sesión coa profesora coordinadora pero outros non. Nesta primeira sesión aproveitamos o que xa tiñan comentado coa outra profesora para traballar en portugués os temas de igualdade desde as diferentes perspectivas propostas no vídeo, ao tempo que practicabamos a oralidade da lingua.
  • Nunha sesión posterior propuxémonos facer a tradución ao portugués das diferentes mensaxes que figuran no vídeo para despois facer uns carteis en cartolina.
  • Na seguinte sesión saímos coas nosas mensaxes a un entorno exterior e fixemos unha gravación coas mensaxes e o material elaborado. Finalmente deixámolas nun lugar de paso do noso IES para compartir o traballo e chamar a atención de toda a comunidade educativa.

Aqui podes ver as imaxes e un vídeo que fixemos.





Carteis!

Este traballo consistiu en facer unha reflexión sobre varios temas moi delicados e que afectan á sociedade actual e en particular aos adolescentes.

Está destinado a traballar co alumnado de 3º ESO. Eles seleccionaron os temas : Bulling escolar , cyberbulling , igualdade de xénero , machismo , identidade sexual.

Como recurso para abordar estes temas utilizamos a linguaxe do cómic , a viñeta e o cartel.
Desenvolveron un pequeno guión , un título " slogan"e un desenvolvemento coa imaxe visual , por medio de debuxos e de imaxe dixital.

Déronlle prioridade á mensaxe " denuncia" máis que á estética .

Conseguiuse por medio dun traballo colaborativo e foi un proceso de análise e reflexión moi interesante




Con coidado non, con condón!



Margarita García Castro: profesora de Biloloxía e Xeoloxía do centro que imparte a materia en 3º ESO; impartiu sesión informativas sobre o aparello reprodutor masculino e feminino utilizando diferentes recursos multimedia, así como dos métodos anticonceptivos e aclarou as preguntas sobre estes temas que xurdiron na “caixiña de dúbidas”. Como produto final, fixeron un mural.


C:\Users\SalaPC4\Desktop\Quérote+ (16-17)\+respecto quérote+\IMG_20170620_135824.jpg

Somos diferentes, non indiferentes!

O grupo de PMAR realizou un vídeo sobre o Acoso.


 

Valores éticos

+ RESPECTO . QUÉROTE+

A materia de Valores Éticos de 3º de ESO ten unha carga horaria dunha hora semanal  e foi cursada por un total de 16 alumnas/os provintes de 3º PMAR(6) 3º ESO A(2) e 3º ESO B (8).
Era un grupo heteroxéneo, con intereses diferentes e que non se coñecían moito entre eles,polo que decidín tratar o tema do Amor os 2 últimos meses de curso.  Previamente fixemos visionado de documentais e películas que de alguna maneira tocaban o tema dos dereitos das mulleres,como por exemplo  “Sufraxistas”.
Os dous últimos meses estivemos falando do amor, facendo actividades diferentes de lectura de textos e nos centramos fundamentalmente na análise das cancións cun altísimo contido machista que acotío escoitan nas redes sociais, nas radios e nos lugares de ocio.

Despois coas nosas reflexións, decidimos facer un vídeo onde lle contábamos a unha nena pequena o que nós pensábamos que é o Amor.



We respect our rules... and you?

Se fas click enriba da imaxe poderás ver o traballo proposto. 

 Actividade

Con este traballo fixeronse unhas cartas.









Tamén fixemos dous murais.






Lectura Adoles... que

Caixiña de dúbidas

Profesora de Educación física que non ten horario lectivo en 3º ESO, o que supuxo unha adecuación de tempo e de coordinación co profesorado que imparte clase nese nivel educativo para facer as actividades;  realizou sesións de información, para subsanar dúbidas plantexadas polo alumnado na “caixiña de dúbidas”, debates sobre autoestima, educación sexual, imaxe corporal, coeducación e visionado de videos alusivos a ditos temas; así como a lectura de parágrafos sobre a adolescencia do libro “Rabia” de Jordi Sierra i Fabra.



 















+Respeto, quérote+


A miña participación consistiu na elaboración dunha caixa de correo na que os rapaces e rapazas puideran deixar por escrito e de forma anónima cuestións relacionadas coa sexualidade, autoestima, xénero, etc.



O proxecto

 O proxecto