Co alumnado de 3º ESO accedeuse á web Quérote para dala a coñecer e realizar unha proba preguntando dúbidas, para que coñeceran o sistema, recibiran o código e puidesen consultar a resposta.
Co alumndao de PMAR de 3º ESO realizouse o vídeo SOMOS DIFERENTES, NON INDIFERENTES para sensibilizar contra a indiferenza en casos de acoso.
+respeto, quérote+
jueves, 29 de junio de 2017
miércoles, 28 de junio de 2017
Charla dos de 3º aos de 2º
O alumnos e alumnas de 3º deronlle unha charla aos de 2º! +Respeto, quérote+. Podes ver as imaxes e mailo vídeo.
Obradoiro "Sen prexuizos"
Fixemos un Obradoiro "Sen prexuizos" no que grabamos diferentes vídeos de como se desarrollou a actividade.
Para ver estes vídeos preme en cada miniatura da imaxe.
Para ver estes vídeos preme en cada miniatura da imaxe.
Querote+ en Lingua Portuguesa!
PROXECTA QUÉROTE +
DOCENTE: LIDIA FERNÁNDEZ PASTORIZA
MATERIA: LINGUA PORTUGUESA – 19 alumn@s
A participación no Proxecta Quérote + desde a materia de Lingua Portuguesa co grupo de 3º ESO foi a seguinte:
- Nunha primeira sesión volvemos visualizar o vídeo “Esqueletos pola igualdade” https://www.youtube.com/watch?v=sz2Qt6SgrjA, que parte do alumnado xa coñecía dunha sesión coa profesora coordinadora pero outros non. Nesta primeira sesión aproveitamos o que xa tiñan comentado coa outra profesora para traballar en portugués os temas de igualdade desde as diferentes perspectivas propostas no vídeo, ao tempo que practicabamos a oralidade da lingua.
- Nunha sesión posterior propuxémonos facer a tradución ao portugués das diferentes mensaxes que figuran no vídeo para despois facer uns carteis en cartolina.
- Na seguinte sesión saímos coas nosas mensaxes a un entorno exterior e fixemos unha gravación coas mensaxes e o material elaborado. Finalmente deixámolas nun lugar de paso do noso IES para compartir o traballo e chamar a atención de toda a comunidade educativa.
Aqui podes ver as imaxes e un vídeo que fixemos.
Carteis!
Este traballo consistiu en facer unha reflexión sobre varios temas moi delicados e que afectan á sociedade actual e en particular aos adolescentes.
Está destinado a traballar co alumnado de 3º ESO. Eles seleccionaron os temas : Bulling escolar , cyberbulling , igualdade de xénero , machismo , identidade sexual.
Como recurso para abordar estes temas utilizamos a linguaxe do cómic , a viñeta e o cartel.
Desenvolveron un pequeno guión , un título " slogan"e un desenvolvemento coa imaxe visual , por medio de debuxos e de imaxe dixital.
Déronlle prioridade á mensaxe " denuncia" máis que á estética .
Conseguiuse por medio dun traballo colaborativo e foi un proceso de análise e reflexión moi interesante
Con coidado non, con condón!
Margarita García Castro: profesora de Biloloxía e Xeoloxía do centro que imparte a materia en 3º ESO; impartiu sesión informativas sobre o aparello reprodutor masculino e feminino utilizando diferentes recursos multimedia, así como dos métodos anticonceptivos e aclarou as preguntas sobre estes temas que xurdiron na “caixiña de dúbidas”. Como produto final, fixeron un mural.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)